O Deportivo saca adiante a súa proposta de convenio na xunta de acreedores. Inclúe unha quita do 33 % da débeda ordinaria, a pagar en 17 anos, con 2 de carencia e sen pago de intereses // O porto de Vigo aumentou a súa actividade en máis dun 5% nos once primeiros meses do ano pasado. É o primeiro do mundo en movemento de peixe para consumo humano. O sector pesqueiro que opera neste porto xenera 6.500 empregos directos e 32.000 indirectos e factura ao ano case mil millóns de euros // Os edís socialistas que desencadearon a crise interna no grupo de goberno municipal de Ourense amósanse dispostos a acatar as decisións que adopte o partido respecto a eles e din que non van esixir a devolución de competencias ao concelleiro Rodríguez Penín, destituído polo alcalde, logo de ausentarse dunha votación. 10/01/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano