Núñez Feijóo pediu hoxe desculpas, no Parlamento, polas fotos, recentemente publicadas, nas que aparece, a mediados da década dos 90 en compañía de Marcial Dorado, que despois foi condenado por narcotráfico. O lider do Grupo socialista, Pachi Vázquez afirmou que Feijóo non é digno de seguir coma Presidente da Xunta con ese lastre, mentres Alternativa Galega de Esquerda e BNG pedían a súa demisión // Preocupación nas factorías de Pescanova, pola destrución de emprego que pode traer aparellada a reestruturación da compañía, preocupacion compatida pola confederacion de empresarios de Pontevedra, polas consecuencias da crise da multinacional pesqueira sobre outras empresas // Aparece o cadaver dun mozo nun camiño de Vilanova de Arousa, preto da casa onde vivia, con dous machetazos na cabeza, e vestindo so roupa interior.A garda civil investiga as causas e circunstancias da morte deste home, de 35 anos, que tiña antecedentes por trafico de drogas. 10/04/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano