Só un incendio permanece activo arestora en Galicia, logo de que, so durante a pasada madrugada, os servizos de extinción tiveran que sufocar 13 lumes declarados nos nosos montes. As lapas seguen sen controlar no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar onde leva queimadas 30 hectáreas de terreo // Centos de tractores maniféstanse nas localidades coruñesas de Arzúa e Melide en demanda de mellores prezos para o leite que producen os gandeiros. Piden que o Goberno propicie un acordo entre distribución, industria transformadora e produtores similar ao que se acadou en Francia // A presidenta da Deputación de Lugo, a popular Elena Candia asegura que evitará o revanchismo político na súa acción de goberno. Dixo nunha entrevista en Radio Nacional en Galicia na que calificou de irresponsable a oposición do PSOE porque argumentou semellan máis preocupados polas súas pelexas internas que nos proxectos da provincia. 10/08/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano