O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente xa tén coñecemento oficial das demandas da pesca galega de cara á reforma da política europea do sector // Entregoullas este mediodía, en Vigo, o Presidente da Xunta ao Secretario Xeral do Departamento, Carlos Dominguez. Inclúen a eliminación de cotas e topes de capturas. A entrega levouse a cabo durante a Conferencia Mundial das Conservas de peixe e mariscos, que reúne en Vigo a empresas de 22 paises que concentran o 90% da producción mundial // O presidente da Xunta defende o rigor que aplicou na súa xestion e presentou a Galicia coma modelo para o conxunto de Comunidades Automomas // O lider e candidato dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, expresou no Comité Federal o seu desexo de que as eleccións de outubro supoñan un cambio de tendencia en toda España // A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón pide a reunión da Permanente para debater a crise do sector naval. 10/09/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano