As familias realizan hoxe os últimos preparativos e compras para o inicio do Curso en Infantil e Primaria. Comeza mañá para máis de 200 mil alumnos. Uns gastos inevitables que, para algunhas familias, supoñen un considerable esforzó // O Parlamento Galego non creará una comisión para investigar o accidente ferroviario de Angrois. Así o decidíu o Pleno da Cámara, que rexeitou, cos votos do Partido Popular e a abstención dos socialistas, unha iniciativa, nese senso de AGE e BNG // Prestou declaración nun xulgado de Santiago a muller que fora detida o pasado mes de abril, no Congreso dos Deputados, acusada de interromper un pleno cando se debatía a xestión das participacións preferentes. Está acusada de atacar ás institucións do Estado. Afectados por preferentes de toda Galicia apoiárona dende o exterior do edificio xudicial. 10/09/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano