A fiscalía apoia que os pais de Asunta Basterra sigan no cárcere. O representante do Ministerio Público xa lle remitiu á Audiencia Provincial da Coruña o informe pronunciándose con respeto aos recursos presentados polos avogados de Rosario Porto e Alfonso Basterra contra o seu encarcelamento.
A Ministra de Fomento propúxolle hoxe á Unión Europea mellorar as medidas de seguridade no transporte ferroviario en todo o territorio comunitario. Mellora aconsellada, logo do accidente do Alvia en Angrois e que incluirá estandarizar as transicións entre sistemas de circulación dos trens.
A Xunta deulle hoxe o visto e prace ao proxecto dunha nova Lei do Solo que acurtará o prazo de tramitación dos novos plans de urbanismo dos concellos. Pasará dos seis anos que levaban ata agora a tres anos.
O Tribunal Supremo vai enviar de novo a Laureano Oubiña ó carcere cunha condena de case cinco anos polo delito de branqueo de capitais, ao non aceptar o recurso da defensa. (10/10/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano