Pacto de pesca na UE para a cerco no Cantábrico | Inditex declara un beneficio de 4.500 millóns | Homenaxe ao expresidente da Xunta González Laxe
11/12/2024 00:12:03Pacto dos Ministros de Pesca da Unión europea por unanimidade, esta madrugada, para faenar en augas comunitarias o próximo ano. A principal novidade é que os cerqueiros poderán pescar xurelo no Cantábrico, pero unha cantidade que a frota considera escasa | O grupo Inditex volve ter cifras récord de beneficios. Nos primeiros nove meses do ano fiscal, de febreiro a outubro, gañaron case 4.500 millóns. Supón un 8,5% máis que o ano anterior. Porén, estes resultados provocaron que a multinacional galega amencera esta mañá cunha caída dun 6% na bolsa de Madrid| O expresidente da Xunta Fernando Gonzalez Laxe é homenaxeado hoxe polo Foro Económico de Galicia na Universidade de Santiago. Un recoñecemento a unha traxectoria na que destaca a intensa tarefa que desempeñou ao fronte da Xunta nun periodo curto, de tres anos
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado