Sen visibilidade e co barco moi inestable aínda os mergulladores de Salvamento marítimo desistiron hoxe de seguir buscando os seis desaparecidos no naufraxio do Santa Ana. Mañá volverán avaliar a mellor maneira de entrar no pecio e preparar unha operación para estabilizalo // Esta tarde podería chegar á súa casa de Muros o segundo patrón do pesqueiro afundido. O único supervivente do naufraxio, que saía este mediodía do hospital de Avilés. Tamén en Muros é velado hoxe o cadáver doutro veciño da localidade, un dos dous corpos recuperados, logo do afundimento // Nace en Galicia unha Plataforma para reclamar a devolución do céntimo sanitario aos transportistas. As dúas Federacións galegas FETRAM, e FEGATRANS, que reúnen a 1500 empresas, calculan que na nosa comunidade o sector pode recuperar 150 millons de euros, mais os xuros legais pola aplicación dese imposto aos hidrocarburos. 11/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano