Nas últimas horas foise normalizando a situación nos ríos galegos, que aínda así seguen levando moita auga, sobre todo o Miño, que se atopa en prealerta en varios puntos. A melloría do tempo tamen lle permitiu á flota pesqueira faenar ao abrigo das rías pese ao vento e o mar de fondo // O presidente da Xunta reitera que agardará a que remate a instrucción antes de pronunciarse sobre os comportamentos políticos desvelados no sumario da operación Pokemon, ante a petición de cesamentos que lle fixo o BNG na sesión de control no parlamento // Oito cociñeiros de Galicia, o País Vasco e Navarra compiten hoxe en Santiago para facerse cun posto na final do concurso Cociñeiro do ano, que se celebrará en abril en Barcelona. Teñen que preparar un menú equilibrado nutricionalmente e por 16 euros. Só un optará a alzarse co codiciado título. 12/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano