Seguen as consecuencias da morte da muller de Verín á que supostamente asasinou o seu marido, mentres estaba ingresada no hospital en Ourense, convalecente dunha agresión anterior. A familia da vítima pensa emprender accións legais por esa morte. Tamén queren comprobar se Garda Civil e Xulgado teñen responsabilidades por non ter tomado medidas de protección da muller // Os psicólogos galegos atenden a 76 homes con problemas de control da violencia no ámbito familiar. Unha atención que se realiza dentro dun convenio entre a Xunta e o Colexio de Psicólogos para atención a vítimas da violencia de xénero. O mesmo programa, que hoxe foi renovado, atende a 232 mulleres que teñen sufrido as consecuencias deste tipo de violencia // Abre ao tráfico o novo túnel da Mariña na Coruña despois de ano e medio de obras. Permitirá soterrar o transito de mais de 30.000 vehículos e peonalizar a xoia arquitectónica da cidade: as galerías da Mariña. 12/05/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano