O mal tempo deste verán parece que apenas está a afectar a ocupación hostaleira que rexistra niveis similares os do ano pasado. Unha circunstancia que se está a constatar, sobre todo no interior da comunidade onde, e en zonas coma a Ribeira Sacra, a ocupación rolda o 90%
Santiago será a meta da Volta a España dentro dun mes. O pelotón estará acompañado desta vez por dúas mascotas oficiais . Son Xaco e Cami e terán protagonismo especial nas cinco últimas etapas da gran ronda española que discorrerán polos Ancares, a Ribeira Sacra e as costa da Coruña e Pontevedra.
O Celta conta con un novo reforzo. Trátase de Nemanja Radoja, un medio defensivo, de 21 anos que esta mañá xa adestrou co equipo, na Madroa. Foi internacional con Serbia nas categorías sub 18 e sub 21 e din os que o coñecen que destaca polas súas características defensivas e pola súa técnica no control do balón e na visión do xogo. (12/08/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano