Decisiva xunta de accionistas de Pescanova na que se vai decidir o futuro da compañía. Agárdase que da xuntanza saia o novo consello de Administración que dirixa a compañía e tamén o futuro Presidente que sustitúa ao demitido Fernandez de Sousa // 3 grandes incendios activos, só o de Carnota segue en nivel de máxima alerta pola proximidade a zonas habitades. O vento do nordés está a complicar tamén a extinción doutros dous na costa // 3 persoas pasaron a disposición xudical nas útlimas horas imputados por provocar lumes. Só ingresou na cadea unha muller de Salceda de Caselas acusade de prender 13 no seu concello. En Oia quedou en liberdade con cargos un home de 74 e o último en Lalín foi sorprendido "in fraganti" pola garda civil // O Presidente da Xunta anunciou que NovaGalicia Banco está disposta a aceptar que os propietarios de preferentes poidan acollerse ás condicións que tiveron, ata agora, os acollidos á arbitraxe, e poidan, así, recuperar os seus cartos. 12/09/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano