O paso da volta ciclista a España por Galicia está a ter unha importante repercusion económica, sobre todo na hostalaría. En Santiago, onde o domingo finaliza a ronda ciclista, practicamente non hai prazas hoteleiras dispoñibles.
A Xunta vai por en marcha un programa de apoio á investigación nas universidades galegas, dotado con catro millóns de euros. Anunciouno o Presidente, Núñez Feijóo en Vigo, durante o acto inaugural do curso universitario.
Os prezos subiron lixeiramente no pasado mes de agosto en Galicia. Concretamente dúas décimas, respecto a xullo, un incremento igual ao da media de España.
Respecto aos do ano pasado ,baixaron catro décimas e, no que vai de ano, tamén se abarataron: concretamente o UN CON DOUS por cento. Encarecéronse lixeiramente os hoteis e restaurantes, a cultura e a vivenda. (12/09/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano