Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 12/11/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 12/11/13

12/11/2013 00:28:12
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 12/11/13 Telexornal-Galicia - 12/11/13
Telexornal-Galicia - 12/11/13 00:28:12 12/11/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Atención centrada hoxe no deputado de Alternativa Galega de Esquerda David Fernandez Calviño, que vive en Dinamarca. Pensaba renunciar ao escano, pero a seguinte persoa na lista, a de AGE por Ourense,debe deixarlle o sitio á numero 3, segundo lle pide a formacion politica. Ela, Carmen Iglesias négase a cederllo.

A policia detivo en Santiago a un home acusado de intentar asasinar á xuiza que o enviou a prisión por querer el matar a sua exparella. Unha vez que saíu do carcere puxo un anuncio nun xornal para contratar un sicario que matase á maxistrada.

O socialista Ceferino Díaz recibe a titulo postumo a medalla de Ouro de Galicia. Recolleuna a súa filla, nun acto no que todos destacaron a entrega e xenerosidade de Ceferino con Galicia, que finou hai un ano vitima dunha longa enfermidade.

Novembro é un mes de cine en Galicia. O iníciase o festival de Ourense, no que se proxectarán máis de 40 películas, case a metade galegas. É a edición con máis presenza de cine feito aquí. E en Santiago, Cineuropa trae o mellor do panorama internacional ós teatros e museos da cidade, con case 200 proxeccións. (12/11/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano