Galicia, a cabeza do IPC | O Congreso aproba a gratuidade da AP-9 | Atopado o cadaver momificado dunha muller en Ferrol
13/06/2024 00:12:02A inflación repunta ao 4 por cento en maio, e mantén a Galicia como a comunidade coa taxa de IPC máis alta de España, catro décimas por riba da media. Sube a electricidade polo aumento do IVE, mentres os prezos dos alimentos moderan o seu crecemento | O Congreso dos Deputados aproba por maioría instar ao Goberno central a anular a prórroga da concesión da Autoestrada do Atlántico | O barco de Greenpeace Artic Sunrise está en Galicia, onde desenvolve diversas actividades en defensa dos océanos e da pesca artesanal. O buque da organización ecoloxista sumouse á manifestación marítima organizada pola Plataforma en Defensa da ría de Arousa | Atopado nunha vivenda de Ferrol o cadáver momificado dunha muller que podería levar morta uns 8 meses. A Policía Nacional contactou cos bombeiros para acceder ó domicilio, coa intención de entregarlle unha citación xudicial
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado