O Presidente da Xunta defendeu hoxe a súa xestión á fronte do Goberno Galego, nas dúas últimas lexislaturas e dixo que, en termos xerais, Galicia está mellor do que estaba no 2009, se bén, recoñeceu, a situación non é óptima. Foi na súa intervención en resposta ás preguntas dos grupos da oposición, probablemente, a derradeira, antes da convocatoria de elecciòns autonómicas.
Galicia será a primeira comunidade autónoma en contar cunha asignatura no ensino secundario para promover a igualdade entre homes e mulleres. Impartirase en primeiro e segundo da ESO, como materia de libre configuración.
A partir da temporada que vén , os afeccionados galegos van poder apostar a unha quiniela do país. Póna en marcha A Federación Galega de Fútbol, con partidos dos equipos da terceira división, a rexional preferente e o fútbol feminino. (13/07/16)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano