Desartellada unha rede internacional de narcotráficantes dirixida dende A Coruña. Hai 35 detidos, doce deles, na Coruña. A Garda Civil incautouse de mais de 300 quilos de cocaína, anfetaminas e drogas de deseño, procedentes de Latinoamérica.
Funeral en Celanova polo cura que apareceu morto con fortes golpes. O bispo de Ourense oficiou o enterrro no que os veciños despediron o que foi o seu párroco durante corenta e cinco anos. A súa morte podería estar relacionada coa desaparición da apreciada talla da virxe do cristal, do século dezasete.
Mañá entra en servizo na Coruña a totalidade da terceira ronda da cidade. 13 kilómetros de estrada que custaron 200 millóns de euros aportados polo goberno central e a xunta e que farán posible acceder por autovía dende a A-6 ata ao centro da cidade. Mellorará tamén o acceso ao aeroporto, a universidade e os polígonos industriais. (13/03/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano