Estoupa unha bomba nun caixeiro automático de Novagalicia Banco, en Vigo, provocando numerosos desperfectos. Non houbo feridos . A entidade bancaria asegura que non levaron cartos. A Delegación do Goberno cree que puido ser autoría de Resistencia Galega.
Vixilantes de seguridade concéntranse na praza do Obradoiro para recoñecer o labor dos seus compañeiros no accidente ferroviario do 24 de xullo. Din que o traballo deles soe quedar esquecido.
As cinco denominacions de orixe de viño van organizar actividades para promover o turismo, cun ¿viñobus¿ para os visitantes haberá visitas teatralizadas.
O numero de peregrinos no Camiño de Santiago vai en aumento constante. No que vai de ano máis de 130 mil percorreron polo menos 100 kms. Da ruta.
Aranzubía incorpórase ao Atletico, Luisinho chega á Coruña. Celta e Lugo seguen pendentes de entradas e saídas.
O incendio entre Quiroga e Larouco queimou 400 hectáreas, menos das 500 que se estimaban inicialmente.
Entrevista co presidente da Fundación Rosalía de Castro, sobre os 150 anos da publicación de ¿Cantares Gallegos¿.
Cúmprense corenta anos do maior accidente aéreo de Galicia, o do avión de Aviaco, que se estrelou cerca de Alvedro. Faleceron os 85 ocupantes. (13/08/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano