A Xunta aprobou unha modificación do regulamento das parellas de feito co fin de evitar fraudes. Tamén un plan de actuación para evitar a venda de productos agrarios sen etiquetar e controlará especialmente viño, licores, mel e queixos.
50 persoas detidas, 22 delas en Galicia, por contrabando de tabaco procedente de Andorra e Gibraltar dentro da Operación Smuggling-Pentágono. A garda civil e a axencia tributaria incautáronse de 266 mil paquetes de tabaco sen precintos que acadarían no mercado un valor de máis dun millón de euros.
A roupa e o calzado son os responsables de que os prezos subiran en Galicia o mes pasado ata un 0.7%, dúas décimas máis ca media nacional. Os prezos manteñense sen variación con respecto a outubro de 2013 pese a que no que vai de ano están en taxas negativas. (13/11/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano