A Policía adscrita á Xunta incrementará a colaboración coa Policía Nacional na persecuciòn dos delictos relacionados coa violencia machista. E un dos acordos do Consello que tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de lei de patrimonio cultural que busca mellorar a coordenación entre as distintas administracións e prevé sancións de ata un millón de euros // A Garda Civil e a Policía Nacional colaborarán coas policías locais nas localidades do sur da Provincia de Pontevedra para velar pola seguridade dos mercadiños ambulantes. Na maioría delas volveranse a celebrar, logo de permaneceren pechados a raiz dos enfrontamentos das últimas semanas entre dous clans xitanos. Onde non reabrirán, de momento é en Vigo // Oito barcos da OTAN están en Vigo onde poderán ser visitados, nas tardes do sábado e o domingo. Son navíos de Bélxica, Alemania, Letonia e Gran Bretaña con 350 militares. 13/11/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano