Laureano Oubiña seguirá en liberdade. Así o decidiron os maxistrados da Audiencia Nacional que examiraon o recurso presentado pola fiscalía que pedía o seu reingreso na cadea despois da última sentenza coñecida esta semana. O narco arousán foi condenado a máis de catro anos de cadea por branquear cartos procedentes do narcotráfico. Asegura que non pensa fuxir // Nova protesta dos gandeiros polos baixos prezos que están a cobrar polo leite. Reclaman axuda ás administracións para evitar o peche de explotacións // Máis de catro millóns de turistas visitaron Galicia no que vai de ano. Este sector xa supón o 11% do noso PIB e dá emprego a máis de 100.000 persoas // Hoxe constituiuse o Consello Galego do Turismo co obxectivo de mellorar a cooperación entre todolos eidos implicados. 14/09/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano