Unha profunda borrasca, a primeira cicloxénese do outono, aproxímase a Galicia. O peor agárdase para as próximas horas. Hai alerta amarela por chuvia, porque poden caer ata 40 litros por metro cadrado, sobre todo no sur. No norte tamén empezan a tomar precaucións... pechando os parques, en cidades como a Coruña. //
A evolución de Teresa Romero, a auxiliar de enfermería galega, afectada de évola, invita ao optimismo, xa que segue mellorando lixeiramente,ainda que continua en estado moi grave,no Hospital Carlos Tercero, de Madrid. Os médicos que a atenden chaman á cautela, xa que a doenza pode presentar altibaixos. //
En Lugo, a Audiencia Provincial anula todas as actuacións da Operación Rei... contra presuntas irregularidades na contratación por parte do concello de Castro de Rei,. Ocorre unha semana antes do comezo do xuízo. (15/10/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano