Detido o acusado do crime de Baiona | A fiscalía e as acusacións calfican o caso Samuel de “asasinato en manada “ | Celebración dos 100 anos na radio
15/11/2024 00:12:02Detido, de mañanciña, Humberto González, o home, de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida.| O xuízo polo crime de Samuel Luiz chega á súa recta final. As partes expoñen hoxe as súas conclusións. No caso das acusacións, manteñen que se trata dun asasinato causado por un grupo, do que non se pode desvincular a ninguén, e con agravante de homofobia | Cando faltan dous días para o acendido das luces de Nadal de Vigo asociacións veciñais critican as molestas que provoca a festa e propoñen protestar colgando sabas brancas nos balcóns | Hoxe a radio é protagonista. Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacan á rúa o informativo territorial
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado