O fillo da muller de 86 anos que aparecera morta na súa casa de Corme, na Costa da Morte, foi detido coma presunto autor da morte de súa nai e permanece custodiado pola Garda Civil na Comandancia deste corpo de seguridade na Coruña.
Os combustibles para os coches subiron entre dous e catro centimos, no inicio das vacacións de Semana Santa. Un incremento que as estacións de servizo xustifican polo aumento da demanda. As asociacións de consumidores califican esta práctica de habitual.
O Deportivo, deu un paso de xigante cara ao ascenso directo a Primeira Divición, tras derrotar ao Recreativo en Riazor. Mentres ao Lugo non lle saíron ben as cousas en Murcia onde saíu derrotado e perde a oportunidade de coarse nos postos de promoción. E o Celta asegura algo máis a permanencia en primeira gracias ao empate que logrou fronte á Real Sociedad pese a xogar con dez unha boa parte do encontro. (14/04/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano