Patrullas militares colaboran dende hoxe nas labores de prevención dos lumes forestais. Son 25, diseminadas fundamentalmente en zonas das provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña. Se o risco aumentase doblariase o seu numero, e incluso poderìan chegar a 75, coa incorporacion de dous helicopteros, que cederia a armada // Policias a cabalo incorporanse por vez primeira ó dispositivo antiincendios, para evitar que prendan lume nos montes. Vixían especialmente as 77 parroquias que teñen maior risco de lumes forestais, e sobre as que a Xunta está estudando en detalle os motivos polos que nelas se producen cada veran 20 ou 30 incendios // A Conselleira galega do Medio Rural e do Mar representa en Bruxelas ás comunidades autónomas nas negociacións sobre o reparto do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro para o período 2014 a 2020. Entre 6.660 millóns e 7300 millóns de euros dos que A España lle poden corresponder 1800 e a Galicia uns 800 millóns. 15/07/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano