Telexornal - Galicia: Telexornal-Galicia - 15/11/13 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal-Galicia - 15/11/13

15/11/2013 00:27:57
Recomendado para todos los públicos
Telexornal-Galicia - 15/11/13 Telexornal-Galicia - 15/11/13
Telexornal-Galicia - 15/11/13 00:27:57 15/11/2013
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Indignación en Nigrán pola posta en liberdade dos ex-policías que hai case vinte anos asasinaron ao empresario David Fernández Grande, a súa muller, a filla e a empregada do fogar.Conseguiron 20 dos 200 millóns de pesetas que lle pedían e fuxiron tras matar a catro persoas no domicilio. Cumpriron dezanove dos douscentos doce anos que fixaba a condena.

Nunca Máis decidirá se recorre a sentenza absolutoria polo vertido do Prestige e convoca hoxe concentracións de protesta.

Os traballadores da Fabrica de Armas da Coruña levantan esta tarde o peche que mantiñan na factoria dende hai oito meses. Fano ante anuncio do Ministerio de Defensa de adxudicar as instalacións a un dos grupos interesados en reiniciar a actividade.

Segue grave con queimaduras o mozo ferido na explosión dunha estufa de butano no seu piso, nas Pontes, estourido que derrubou os muros da fachada. A onda expansiva chegou á gasolineira situada a poucos metros sen provocar máis feridos.

O Lugo enfróntase mañá á Ponferradina no chamado derbi dos Ancares. O Deportivo recibe o domingo ao Mallorca, de Jose Luis Oltra. (15/11/13)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano