Os galegos somos os que pagamos os combustibles máis caros de toda España, concretamente, o gasóleo, segundo un informe elaborado pola Xunta que lle pide ao Tribunal de Defensa da Competencia medidas contra as empresas petroleiras, ás que o Goberno Galego considera responsables desta diferencia.
Ata o 95 por cento de ocupación rexistran os establecementos hosteleiros de maior categoría das nosas zonas turísticas, nestes días de Semana Santa. O resto das prazas hoteleiras manteñen tamén unha ocupación razonable, gracias ao bo tempo, e acadan porcentaxes superiores ao 60 % .
Millleiros de persoas asistiron en Ferrol á primeira das procesións centrais da súa Semana Santa, a de Xesús atado á Columna e a Virxe dos Dolores. É unha das 24 que van percorrer a cidade , engalanada para a ocasión. Un evento en cuxa preparación traballan tres mil cofrades. (16/04/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano