Máximo risco de incendio en 33 concellos | Vacina do papiloma a menores de 18 | O Celta firma o mellor arranque de liga en Balaídos
16/09/2024 00:12:03Máximo risco de incendios, hoxe en 33 concellos, sobre toda a metade sur. As altas temperaturas aumentan o perigo e nas últimas horas producíronse varios focos. Arestora son dous os lumes activos. Un no concello ourensán de Laza e outro no pontevedrés de Arbo, que xa foi estabilizado | 27 mil varóns, entre 15 e 18 anos poderán ser vacinados contra o papiloma humano a partir do vindeiro mércores. Ásí o aprobou hoxe o consello da Xunta, que tamén acordou adicar 8 millóns de euros a mercar vievenda pública para poñer en aluguer | O Celta de Vigo está a ser dos mellores equipos da primeira división neste comezo da tempada por xogo e pola súa solidez na casa. Na quinta xornada vencía ao Valladolid por tres goles a un cunha gran aportación dos xogadores da canteira, sobre todo, do ourensán Hugo Álvarez
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado