O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeita os recursos presentados polos pais da nena Asunta Basterra contra a sentenza que os condenara e mantén a pena de 18 anos de prisión para cada un deles. Considera que a nai, Rosario Porto, é a autora material da morte, sen participaciòn do pai, Alfonso Basterra, pero obrando en cumplimento dun plan trazado conxuntamente polos dous.
O portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras foi expulsado por un periodo de 15 días do Parlamento Galego, logo de encararse co portavoz do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado. Púxose diante del, no seu escano, despois de rematar unha intervención na que acusara ao PP de corrupto.
Case 250 agresións sofriu o persoal sanitario o ano pasado en Galicia aínda que só acabaron en denuncia 5 delas. No día nacional contra este tipo de violencia os colexios médicos reclaman que as agresións verbais sexan consideradas delictos contra a autoridade. (16/03/16)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano