Un estudo científico presentado hoxe demostra que a dieta atlántica é moi efectiva para previr cancros e doenzas cardiovasculares porque fai aumentar o chamado colesterol bo e diminúe o malo // O goberno galego anuncia unha rebaixa dos impostos de transmisión patrimoniais, sucesións e doazóns coa revisión do valor dos inmobles. Nos últimos anos multiplicáronse por catro as renuncias á herdanzas pola imposibilidade de pagar os tributos cos que están gravadas // As familias con ingresos inferiores aos 600 euros mensuais non terán que pagar polos medicamentos. É una das medidas anunciadas na primeira reunión do plan social contra a desigualdade económica posto en marcha polo goberno galego. Estiman que pode beneficiar a cen mil familias. 16/06/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano