O Rei Felipe VI inaugurou, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar, o curso escolar, nun acto no que estivo acompañado pola Raíña Dona Leticia e no que tamén participaron o Presidente da Xunta e o Ministro de Educación.
O Monarca pediu aumentar a calidade do ensino coma pasaporte para o progreso e lamentou a gran porcentaxe de abandono escolar.
Hoxe será soterrada a menor de 14 anos que morreu electrocutada ao tocar un farol en Santiago. Mentres, segue a investigación e a conmoción entre os familiares e veciños do barrio, que non se explican como puido suceder. O alcalde compostelán anunciou hoxe que se revisarán todos os farois da cidade e insiste en que o que provocou a descarga mortal cumpría a normativa.
A Garda Civil segue á busca dos autores do asalto á casa reitoral preto de Padrón no que morreu unha muller que traballaba como asistenta do cura. O párroco, que tamén resultou ferido no ataque, xa recibiu a alta pero de momento non quere volver a que era a súa casa. Os axentes andan á procura do seu coche, un peugeot 308 branco no que supostamente fuxiron os ladróns tras roubar cartos da casa. (16/09/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano