A compañía galega Biofabri, con sede no Porriño, e a elexida para elaborar para Europa a vacina da Covid-19 deseñada pola farmacéutica norteamericana Novavax. O fármaco está a punto de iniciar a última fase dos ensaios clínicos e. podería sair ao mercado antes de finais de ano // Os casos activos rexistrados hoxe volven subir, son 4.322, ao sumarse 201 novos contaxiados detectados nas última 24 horas // O Comité Clínico da Xunta inclúe a Silleda e Marín entre as zonas con restriccións e levanta as establecidas en Laxe, Carballo, A Laracha e Ponteceso. Educación anuncia a contratación de 1.800 profesores máis para afrontar o comenzo do curso // O grupo Inditex dispara a sua cotización ao presentar uns beneficios de 214 millóns de euros no segundo trimestre. A multinacional textil radicada en Arteixo recupera así un resultado positivo, logo das perdas rexistradas no período de confinamento en que todas as tendas estiveron pechadas. 16/09/20
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano