As vítimas do accidente de tren de Santiago amósanse satisfeitas de que o xuiz abrise unha porta para que se esclarezan as responsabilidades máis alá do maquinista. O presidente dunha das asociacións de vítimas do sinistro volveu hoxe a Angrois, tras percorrer en bicicleta o milleiro de kilómetros que separa Sevilla, onde reside, de Compostela // El alcalde de Lugo considerase víctima dun linchamento inmoral pola súa imputación na Operación Pokemon. Tras analizar o sumario sobre o que se levantou o segredo, asegurou esta mañá que non hai ningunha proba que o incrimine // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de case o setenta por cento da ameixa e a totalidade do berberecho na ría de Pontevedra. A mortandade dos bivalvos polo aporte de auga doce ás rías é habitual no inverno, pero este ano as mariscadoras quéixanse de que é moi superior porque choveu máis. 17/02/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano