Galicia homenaxea a Roberto Vidal Bolaño, considerado o renovador do teatro galego.
A súa figura centrou a sesión extraordinaria no día das letras da Real Academia Galega, coa asistencia das primeiras autoridades pero tamén outros máis sinxelos coma o descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde naceu o dramaturgo, na compostelá barriada de Vista Alegre.
Milleiros de persoas manifestáronse hoxe polas rúas de santiago en defensa da lingua galega e como crítica á política da Xunta nesta materia.
Á marcha, convocada pola plataforma "Queremos Galego" asistiron representantes dos grupos da oposición no Parlamento , PSdeG-PSOE, AGE e BNG.
Os participantes pediron a retirada do decreto de plurilinguismo e a volta á lei de normalización linguistica anterior. (17/05/13)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano