Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco. A Entidade conta con devolverlles os seus aforros, por ese procedemento, a un total de 36 mil clientes. Outros 40 mil poderán optar a que lles reintegren só parte dos seus aforros, aceptanto quitas de entre o 20 e o 60% // Continua a investigacion para tratar de dar coa nai do bebé recén nado que apareceu abandonado no concello da Estrada dentro dunha caixa de cartón utilizada pra repartir alimentos a familias con poucos recursos. O bebé está atendido e en perfecto estado na seccion de neonatos do hospital clinico de Santiago // Seguen hospitalizados en estado grave os dous rapaces da Peroxa, de 11 e 12 anos, ós que lles caeu enriba parte dunha casa abandonada na que buscaban madeira para facer unha cabana. O concello vailles lembrar aos veciños que deben ter conta das vivendas que teñan en estado ruinoso. 17/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano