As industrias lácteas volven recoller hoxe leite, despois de cinco días completamente paradas. Os gandeiros entréganllelo ao conseguiren que o acordo que va asinar co industria, distribución e administración recolle as súas reivindicacións.
Os cen mil empregados públicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.
A policía busca novas probas na casa do autor confeso do asasinato da peregrina Denise Thiem, en Astorga. En Santiago, os pregrinos acompañaron á familia da vítima nunha emotiva misa na catedral.
O autor confeso do dobre crime de Cervo, hai ano e medio, acepta 34 anos de prisión polos asasinatos da súa sogra e da súa muller. Admitiu que as matou a paus e que á muller mesmo lle cravou un coitelo para asegurarse de que morrera.
O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen ter dono. Se antes do dia 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete.
A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano