Homenaxe a Manuel Fraga en Vilalba, a súa vila natal. // O Goberno vaille dar crédito as comunidades autónomas, para que salden as débedas cos provedores, pero vailles esixir tamén que cumpran os obxectivos de contención do déficit. // Sae a concurso a xestión privada da escola infantil de Monteporreiro, en Pontevedra, unha gardería pública construída en terreos cedidos polo Concello. A CIG denuncia que é o comezo da privatización da rede de escolas infantís da Xunta. // As consultas telefónicas sobre violencia de xénero aumentaron un 12 por cento o ano pasado. // Comeza a funcionar un grupo de traballo entre a Xunta e os partidos do Parlamento para tentar defender conxuntamente o sector pesqueiro galego fronte á reforma da política pesqueira común que propón a Comisión Europea. (18/01/12)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano