A consternación que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós.
A Garda Civil investiga a morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre. As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada pero non se descarta que houbera algún coche implicado.
A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia ata á última xornada de liga. Agora está obrigado a puntuar, fronte ao Barcelona, o Sábado, para non depender dos resultados de terceiros.
O TEMPO
A influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas descenderán. (18/05/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano