Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin. Os perto de 40 mil afectados que non poden acollerse á arbitraxe teñen a oportunidade de achegarse a elas para recibir información das posibilidades que lles quedan para recuperar todo ou parte dos seus aforros. Tamén a Deputación de Pontevedra e os colexios de avogados ofrecen información a estes aforradores // A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron, e somos a comunidade con peor saldo vexetativo de toda España // Luis Enrique, presentado coma novo adestrador do Celta para as proximas duas temporadas, di que vai apostar pola canteira ainda que recoñece que a curto prazo precisa xogadores de reforzo. 18/06/13
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano