A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento maximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. Fixo, por participar nesta proba, un alto no descanso da súa preparación para as olimpiadas de Río de Xaneiro, do ano que vén. 18/06/15
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano