O Fume dos incendios de Portugal exténdese por Galicia | Rueda rexeita un acordo bilateral con Sánchez | Reviven os relatos de Pardo Bazán
18/09/2024 00:12:01O fume e o cheiro a queimado que chega dos incendios do Norte de Portugal déixase notar en todo o sur de Galicia, como en Vigo, esta mañá. É o rastro dunha vaga de lumes no país veciño, que se exténde por unha superficie de 100.000 quilómetros cadrados sobre a costa atlántica, ata Fisterra | Alfonso Rueda descarta aceptar calquer proposta de financiación autonómica por parte de Pedro Sánchez que supoña un trato bilateral. Así o reiterou hoxe o presidente da Xunta nunha entrevista en Radio Nacional | Revivir os relatos de Emilia Pardo Bazán. É o obxectivo dun proxecto audiovisual co que a Casa-Museo da escritora quere celebrar os 173 anos do seu nacemento. Personalidades do mundo da cultura e das artes póñenlle voz a fragmentos que teñen unha temática moi actual
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano
- Accesiblidad
- Subtitulado