Inditex aumentou os beneficios un 5 por cento o pasado ano e gañou dous mil cincocentos millóns de euros. O Seu presidente Pablo Isla explicou que o grupo creou 8.700 empregos, deles 1.800, en España e anunciou un plan de incentivos para que os traballadores participen nos beneficios.
Permanecen detidos o ex patron maior da confraría de Cabo de Cruz, en Boiro e a que fóra presidenta das mariscadoras. Están acusados de seis delictos económicos, como fraude,estafa ou malversación de fondos, No caso do ex patrón, Carmelo Silva ,tamén se lle atribúe tenza ilícita de armas.
Descenden as agresións a médicos en Galicia por terceiro ano consecutivo. Diminurion en máis dun 50% o ano pasado.Os facultativos atribúen este descenso a que a sociedade cada vez é menos tolerante coas condutas violentas (18/03/15).
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano