Telexornal - Galicia: Telexornal Galicia - 18/05/15 | RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia - 18/05/15

18/05/2015 00:23:30
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia - 18/05/15 Telexornal Galicia - 18/05/15
Telexornal Galicia - 18/05/15 00:23:30 18/05/2015
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

A consternación  que se vive na localidade coruñesa de Coristanco quedou patente hoxe no Concello, onde se gardou un minuto de silencio e se decretaron dous días de loito oficial. Toda a zona está impresionada, logo da morte dun meniño de dous anos, atropelado cando cruzaba unha estrada local, situada fronte á casa dos seus avós. 

   A Garda Civil investiga a  morte dun ciclista de 41 anos que pereceu, en circunstancias aínda sen aclarar, na localidade de Cambre.  As primeiras hipóteses apuntan a que puido caer e bater contra a calzada  pero non se descarta que houbera algún coche implicado.

   A vitoria do Deportivo por dous goles a cero, en Riazor, fronte ao Levante, dalle azos ao equipo coruñés para seguir pelexando pola permanencia ata á  última xornada de liga.  Agora está obrigado a puntuar, fronte ao Barcelona, o Sábado, para non depender dos resultados de terceiros. 

O TEMPO

A influencia dunha borrasca traerá ceos anubrados e chuvias no norte de Galicia. As temperaturas máximas descenderán. (18/05/15)

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano