Xuízo a sete concelleiros do PP de Santiago. Están acusados de prevaricación por acordar nunha xunta de goberno pagar con fondos públicos a defensa a outro concelleiro imputado na Operación Pokemon. A fiscalía pide para eles nove anos de inhabilitación. Á entrada aos xulgados foron recibidos entre berros de dimisión // Comezou na Audiencia provincial de Lugo o macroxuízo pola presunta retirada irregular e masiva de multas de tráfico na provincia. Un asunto polo que, no seu momento, chegara a dimitir o Subdelegado do Goberno. Entre os 23 encausados figuran tamén o ex-xefe provincial de tráfico, alcaldes de distintas cores políticas e o vicario xeral da diócese lucense // Os centros de ensino galegos acollen durante este mes de maio talleres sobre masculinidade positiva. Trátase de identificar os estereotipos machistas que seguen a funcionar na sociedade para combatelos. 19/05/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano