Os Reis Don Felipe e Dona Leticia e o Presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva, están esta tarde na Coruña. Presidirán a entrega das medallas de ouro do Eixo Atlántico, a entidade de colaboración transfronteiriza máis antiga da Unión Europea. Os Reis abrirán tamén oficialmente a exposición "El Primer Picaso" que lembra a etapa de formación do pintor universal na cidade Galega, na que viviu entre os 9 e os 13 anos // En Vigo xa está instalado o Bernardo Alfageme na rotonda de Coia como homenaxe do concello a tradición marítima da cidade. O barco, de 27 metros e casco de aceiro foi trasladado de madrugada ata o seu emprazamento definitivo pese as protestas dun grupo de veciños que se opoñen ao gasto que supuxo // Un pai foi condenado a dous anos de cárcere por ter falsificado as notas do seu fillo para que lle deran por aprobado o bacharelato. Esta mañá foi xulgado na Coruña e aceptou esa pena que non suporá ingreso en prisión nin a perda do seu posto de traballo. 19/02/15
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano