Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén. Representantes do sector analizan coas autoridades pesqueiras, nunha reunión na Coruña, como redistribuir entre os armadores os cupos de xarda e xurelo, que veñen de aceptar // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos, un deles de Muros, o mecánico Manuel María Tajes. Os mergulladores puideron inspeccionar xa todalas dependencias do arrastreiro afundido, e dan por seguro que os corpos non se atopan no interior do barco. 19/03/14
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano