O Goberno mantén a data de 2018 como a de entrada do AVe en Galicia dende a meseta. Unha obra na que se levan investido nos últimos tres anos 2.300 millóns de euros. Confirmouno hoxe o Presidente do Goberno, que visitou as obras do tren de alta velocidade entre esta provincia e Zamora.
O Goberno tratará de impulsar un acordo entre industria, distribuidoras e gandeiros para lograr un prezo mínimo para o leite en orixe que permita a rendibilidade das granxas. Unha medida que busca evitar o veto da lexislación europea ao establecemento dese prezo por parte da administración, tal como piden as organizacións agrarias.
No Deportivo Luisinho entoa o mea culpa nun comunicado, admite o seu erro pola pelexa con Arribas. O lateral portugués pide disculpas e tamén que o deixen traballar. Mentres o Celta estuda ceder aos xogadores que menos contan nos plans de Berizzo. O Lugo interesase polos servizos de Madinda. (19/08/15)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano