Telexornal - Galicia - Programa informativo en RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 01-02-2024

Intensa actividade antes do arranque da campaña | A armadora do Pitanxo ve “erros” no informe pericial | 20.000 novo casos de cancro no último ano

02/02/2024 00:22:05
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2 01-02-2024 Telexornal Galicia 2 01-02-2024
Telexornal Galicia 2 01-02-2024 00:22:05 02/02/2024
Recomendado para todos los públicos
Sinopsis

Videos, actos e declaracións para atraer o voto..., os partidos intensifican a actividade a poucas horas do arranque oficial dunha campaña que se anticipa marcada pola presenza de líderes nacionais | A armadora do Villa de Pitanxo ve graves erros técnicos no informe dos peritos xudiciais que atribue a responsabilidade do naufraxio a unha imprudencia do patrón. O Grupo Nores di que en base ás imaxes submarinas obtidas, non se pode afirmar que o aparello estivera embarrado | No último ano diagnosticáronse en Galicia 20.000 novos casos de cancro. Os afectados falan do impacto non so físico e psicolóxico senón tamén económico da doenza, que en moitos casos supón a perda do traballo. Piden máis sensibilidade empresarial para poder adaptar os postos ás circunstancias dos pacientes | O elexido como mellor mural do mundo, atopase en Fene. É unha obra do artista Sfhir: unha muller tocando o violonchelo, co instrumento integrado nas xanelas do edificio. A votación do portal Street Art Cities sitúa en segundo lugar a Dona do Esteiro, de Lula Goce, en Nigrán.

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano