A xunta aproba o tope de gasto máximo para o ano 2015. Será de 8.436 millons de euros. Por vez primeira desde hai 5 anos, increméntao respecto do ano anterior, neste caso nun 0,5%. O goberno di que ten en conta que en 2015 o PIB galego vai medrar un 1,8% e que se vai crear emprego neto .
O Centro Comercial Marineda City da Coruña acaba de ser mercado pola inmobiliaria Merlín por 260 millóns de euros. Abrira hai 3 anos,cun investimento de 450 millóns. é o maior investimento nun centro comercial en España desde que comezou a crise.
Unha exposición nas prazas e rúas do centro de Santiago provocou o descontento do Cabido da Catedral compostelá.
Di que provocou as protestas dalgúns cidadáns que se queixan da súa presenza nos arredores do templo. Aseguran que fire a súa sensibilidade (01/08/14)
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano