Telexornal - Galicia - Programa informativo en RTVE Play
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 2 01-10-2024

Conxemar celebra 25 anos en Vigo | Volve o IVE dos productos básicos| Asamblea de sectores feminizados en Santiago | Día das persoas de Idade

01/10/2024 00:24:56
Recomendado para todos los públicos
Telexornal Galicia 2    01-10-2024 Telexornal Galicia 2    01-10-2024
Telexornal Galicia 2 01-10-2024 00:24:56 01/10/2024
Recomendado para todos los públicos Sub
Sinopsis

A feira Conxemar reúne dende hoxe en Vigo a maioristas, importadores, transformadores e exportadores de produtos conxelados do mar. A organización espera superar nesta edición os 26.700 visitantes do ano pasado | A partir de hoxe recupérase o IVE dos produtos básicos, un imposto que fora suprimido para frear o aumento da inflación e que agora volve aplicarse. A recuperación será progresiva e contempla deixar a partir de agora o aceite co imposto superreducido do 4 por cento | As mulleres ocupan o 70 por cento dos traballos a tempo parcial e son maioritarias en actividades como a axuda no fogar ou a limpeza. Así o destacan as participantes na asamblea de sectores feminizados organizada en Santiago por Comisións Obreiras | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de avellentamento de toda España, tan só por detrás de Asturias. Un fenómeno demográfico que irá a máis nas próximas décadas. Hoxe, no día internacional das persoas de idade, Nacións Unidas reivindica o reforzo nos sistemas de atención e de asistencia ás persoas maiores

Ficha técnica
Dirigido por
Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Idiomas
Castellano
Accesiblidad
Subtitulado